𝗣𝗔𝗥𝗧𝗜𝗗𝗢 𝗔𝗣𝗥𝗔𝗭𝗔𝗗𝗢 🚨 Debido a unha enfermidade do céspede, @LaLiga acordou cos clubs e a @RFEF aprazar o #CeltaOsasuna deste domingo. 𝗡𝗢𝗩𝗔 𝗗𝗔𝗧𝗔 🗓️ 27 de agosto ⏳ 20:30h 🏟️ Abanca Balaídos 🎟️ Entradas válidas ℹ️ [email protected] 𝗖𝗢𝗠𝗨𝗡𝗜𝗖𝗔𝗗𝗢 𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 LaLiga acordou esta mañá, en coordinación cos clubs e a RFEF, aprazar o encontro que debía enfrontar ao Celta e ao CA Osasuna o vindeiro domingo en Abanca Balaídos debido a unha enfermidade que afectou ao céspede do estadio, que nestes momentos non se atopa apto para a práctica do fútbol. A semana pasada realizouse unha visita técnica por parte de LaLiga na que se validaron os traballos realizados para erradicar a enfermidade que afectaba o céspede e certificouse que o campo cumpría os parámetros de calidade e seguridade esixidas para a práctica deportiva. As condicións climáticas dos últimos días produciron un efecto adverso na boa evolución que estaba a ter o terreo de xogo e propiciou a decisión de suspender o encontro. O partido xogarase finalmente o vindeiro xoves, 27 de agosto, ás 20.30 horas. As entradas despachadas para este partido ante Osasuna seguen sendo totalmente válidas para o novo horario, polo que non será necesario realizar ningunha xestión adicional. Para calquera dúbida ou consulta relacionada coas entradas, poderá poñerse en contacto a través do correo [email protected] ou na área Celtista. O Celta lamenta as molestias e inconvenientes que esta decisión poida ocasionar a todos os afeccionados que xa organizaran a súa xornada para acompañar ao equipo neste inicio da competición, e agradece a comprensión ante esta circunstancia excepcional. #LaLiga #Celta #Osasuna